Bolsas de formación para persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura
A Consellería do Mar convoca catro bolsas de formación, en réxime de empresa tutelada, para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura
na Illa de Arousa (Igafa).
INSCRICIÓNS: Ata o 09/10/2023
DURACIÓN: 2 anos.
REQUISITOS:
Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Pode presentarse alumnado con titulacións de grao medio en Operacións de Cultivo Acuícola ou en Cultivos Acuícolas e de grao superior en Produción Acuícola ou en Acuicultura.
Ter nacionalidade española, dun país membro da Unión Europea e outras persoas estranxeiras con permiso de residencia en España e con dominio dalgunha das linguas oficiais de Galicia.
Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou doutras similares en anteriores convocatorias, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses.
Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados en Galicia.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN: 900 euros brutos mensuais.
PÁXINA WEB: https://mar.xunta.gal/
CONTACTO:
Consellería do Mar. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños. 15701 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 139
Publicación: DOG 07/09/2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PE601C