Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega

06 Set 2023
Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega
 
A Fundación Amancio Ortega convoca 400 bolsas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
Do total de prazas convocadas, 70 bolsas asignaranse entre os/as participantes dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia
e as 330 bolsas restantes asignaranse entre os/as participantes dos centros educativos do resto das Comunidades e Cidades Autónomas de España.
 
INSCRICIÓNS: Dende o 04/09/2023 ata o 27/09/2023
O prazo remata ás 13.00 h.
 
REQUISITOS:
-Estar matriculado/a e cursando 4º de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade ou Cidade Autónoma do territorio español durante o curso 2023-2024, fóra dos centros docentes privados estranxeiros en España. O Programa considera "centro docente privado estranxeiro en España" aqueles así cualificados polo Ministerio de Educación na súa páxina web.
-Realizar os cursos académicos de 1º, 2º e 3º de ESO conforme ao sistema educativo español.
-Non gozar dunha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun país estranxeiro, durante os cursos de 1º, 2º, 3º e/ou 4º de ESO.
-Nota media mínima de "Notable" en 3º de ESO (ver táboa de equivalencias numéricas, "Notable" (8)).
-Información Tributaria da unidade familiar. A participación no Programa non require un nivel mínimo ou máximo de ingresos por familia, aínda que deberá acreditarse a situación fiscal da unidade familiar achegando o certificado tributario que se solicita no seguinte apartado.
-Estar en posesión de DNI ou NIE.
-Ademais, para poder gozar da bolsa, os/as participantes que resulten seleccionados/as deberán dispoñer de pasaporte español no momento da tramitación do visado.
 
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
Cada unha das bolsas do Programa para o curso escolar 2024-2025 inclúe os servizos especificados a continuación:
Preparación e Saída.
Estadía en Canadá ou Estados Unidos.
Regreso á cidade de orixe en España.
 
 
CONTACTO:
Fundación Amancio Ortega
Tel.: 900 103 651
info@becas.faortega.org
 
Publicación: BOE 04/09/2023