Itinerario de teleformación para o emprendemento cooperativo

05 Set 2023
Itinerario de teleformación para o emprendemento cooperativo
 
O Programa está composto por 3 actividades de teleformación, dentro dun itinerario formativo que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), 
ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.
 
CURSOS DO ITINERARIO DE TELEFORMACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO COOPERATIVO
 
-Emprendemento en cooperativa 20 h.  Teleformación Do 13 ao 27 de setembro de 2023
-Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas 20 h. Teleformación. Do 3 ao 17 de outubro de 2023
-Desenvolvendo a idea cooperativa 20 h. Teleformación. Do 18 ao 31 de outubro de 2023
 
TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
 
Na web de EspazoCoop está a dispór toda a información de cada un dos cursos, así como o acceso ao formulario de inscrición:
 
Anímate a participar, e se consideras que esta información lle pode interesar a alguén difunde e recomenda este programa de formación.