Se resides en Galicia e tes entre 16 e 30 anos podes participar no certame Xuventude Crea que un ano máis convoca a Consellería de Política Social e Xuventude.
Podes participar na seguintes especialidades:
Artes plásticas, Arte urbana, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro e Videocreación.
Como participar?
- Salvo no caso das especialidades de cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música, teatro e videocreación, a participación será sempre a título individual.
- Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade. Non se poderá participar coa mesma obra en distintas especialidades.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O código de procedemento administrativo é o BS310Q.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de outubro de 2023.
Premios por cada unha das especialidades:
- Un primeiro premio de 3.000 €.
- Un segundo premio de 1.500 €.
- Un terceiro premio de 1.000 €.
- Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.
Máis información DOG do 1 de setembro 2023