Premio Xohana Torres de Ensaio, Investigación e Creación Audiovisual sobre as Mulleres na sociedade Galega
INSCRICIÓNS: Ata o 29/12/2023
REQUISITOS:
Poderá concorrer a esta convocatoria calquera persoa física, individualmente ou nunha agrupación sen personalidade xurídica.
Os traballos que se presenten ao premio tratarán da participación das mulleres na sociedade, e terán como obxectivo resaltar o papel protagonista ou o esquecemento das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega. Poderán ser de carácter histórico, político, científico, literario, artístico, etc... e ter forma de ensaio, investigación científica ou composición audiovisual, e sempre se referirán a mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia...
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual. Cada un dos premios estará dotado con 2.500€.
PÁXINA WEB:
santiagodecompostela.gal
CONTACTO:
CIM do Concello de Santiago
R/ Isaac Díaz Pardo, 2-4.
tel.: 981 542 465
e-correo: cim@santiagodecompostela.gal
Publicación: BOP 03/03/2023