Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT) ou Fp Dual

29 Ago 2023
Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT) ou Fp Dual
 
INSCRICIÓNS:
1º prazo: até o 28 de setembro de 2023.
2º prazo: do 16 de outubro ao 16 de novembro de 2023.
 
REQUISITOS:
Alumnado matriculado en centros públicos de Galicia e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2023.
 
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro do territorio español
En Galicia: até 375€ cando se cumpran as seguintes condicións: o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo. O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP Dual.
Fóra de Galicia: 200€ aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.
Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual fóra do territorio español
 
Unión Europea (contía base e contía por semana):  
a) Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120€. 72€. 
b) Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180€. 120€ 
c) Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Suecia: 240€. 150€
Non integrados na Unión Europea (contía base e contía por semana): 
a) Europeos 180€. 120€. 
b) Outros continentes 240€. 150€.
 
 
PÁXINA WEB:
www.edu.xunta.gal/fct
 
CONTACTO:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade. Xefatura Territorial da Coruña
Edif. Servizos Múltiples, R/Vicente Ferrer, 7º andar. 15008- A Coruña
tel.: 981 184 701
www.instagram.com/fpgalicia
www.facebook.com/fpgalicia
www.youtube.com/fpgalicia
 
Publicación: DOG 28/08/2023
 
Sede electrónica Xunta (sede.xunta.gal): procedemento ED202A