Durante 11 meses, entre outubro de 2023 e agosto de 2024, os voluntarios traballarán unhas 35 horas semanais. O traballo é variado e contarán co apoio do persoalpara realizar traballos de renovación de edificios, xardinería, organización e participación na vida colectiva (cociña, limpeza,...), acollida de grupos e individuos e animación de campos de traballo durante o verán.
A formación realizarase en base a dous seminarios organizados pola axencia francesa e unha reunión de voluntariado con todos os voluntarios.
A asociación de acollida está situado en Montcombroux Vieux Bourg no departamento de Allier, rexión de Auvernia no centro de Francia. O sitio inclúe unha casa principal, dúas pequenas torres, un curral, un horto e talleres e está rodeado polo bosque. É un lugar moi illado, situado a 6 km dun pobo con tendas, polo que se recomenda contar con carné de conducir. Os voluntarios compartirán casa. Será importante comprometerse coa vida diaria nesa gran casa compartida, porque a casa parecerase aos seus habitantes e será o seu fogar durante uns meses. Todos os gastos pagos (transporte, aloxamento, gastos casa, comida, diñeiro peto, curso idiomas, seguro, formacións, apoio titor etc...)
Non se requiren competencias específicas para participar, pero sí vontade para o proxecto de voluntariado e estar aberto a descubrir novas culturas. Poderán incribirse os cidadáns dos países membros da Unión Europea entre 18 e 30 anos, o carné de conducir é moi recomendable pero o que máis importa é a motivación para o traballo manual, a natureza e a vida colectiva.
Máis información https://www.yeseuropa.org/