9 meses de voluntariado nun centro para mozos e un teatro amateur en Loimaa, Finlandia

24 Ago 2023

Durante 9 meses, entre outubro de 2023 e xuño de 2024, o voluntario traballará en traballo xuvenil e no teatro amateur local. Participará tanto do día a día das organizacións como en diversos proxectos. Nos servizos para mozos, o traballo consiste principalmente en interactuar con mozos de entre 10 e 18 anos en casas de mocidade e organizar actividades como xogos, concursos etc, mentres que no teatro hai moitos tipos de tarefas: vestiario, escenografía, utilería, son, música, luz, etc.

O horario de traballo será desde a tarde ata a noite, aproximadamente entre as 14 e as 21, ás veces tamén terá que traballar as fins de semana.
O traballo realízase en varios lugares, a maioría dentro dun radio de 3 km desde o aloxamento, e o voluntario debe estar preparado para camiñar ou andar en bicicleta entre estes.

O aloxamento será nun apartamento compartido (habitación propia, cociña e baño compartidos). O voluntario recibirá 250 € por mes completo, que lle servirá para comidas e como diñeiro de peto. A organización tamén ofrecerá unha bicicleta ao voluntario para que poida desprazarse.

Formación:
Os voluntarios terán un curso de idiomas OLS proporcionado (soporte lingüístico en liña) pola comisión da UE.

Requisitos:
Orientado a mozos de entre 18 e 30 anos, ciudadáns españois ou residentes legais en España con NIE válido durante o proxecto. Non se necesitan habilidades especiais, relacionadas co traballo ou o idioma.

Máis inforamación https://www.yeseuropa.org/