O Ministerio de Educación convoca o programa "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias"
Este programa educativo pretende ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polos alumnos na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida polos alumnos nos seus respectivos centros, a través de contornas máis experimentais e visuais. Isto favorecerá non só á súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, senón tamén ao seu desenvolvemento integral.
Beneficiarios/as:
Alumnado de centros docentes españois sostidos con fondos públicos dos seguintes niveis educativos:
5º e 6º de Educación Primaria
Educación Secundaria Obrigatoria
Formación Profesional Básica
Bacharelato
Ciclos de Grao Medio de Formación Profesional
Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos
Educación Básica Obrigatoria ou Transición á vida adulta.
Prazas:
Bolsas para 120 grupos de alumnos, compostos cada un por un número comprendido entre 20 e 24 alumnos, respectando unha idade máxima de 21 anos. Irán acompañados por dous profesores dos que habitualmente lles imparten clase
Requisitos:
Cursar estudos de 5º e 6º de Educación Primaria, ESO, Formación Profesional Básica, Bacharelato, Ciclos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos, Educación Básica Obrigatoria,ou Transición á vida adulta.
Respectar a idade máxima de 21 anos.
Constituír grupos de 20 a 24 alumnos. Os grupos de alumnos con necesidades educativas especiales estarán compostos por un mínimo de 10 alumnos e un máximo de 18.
Dotación
Participación gratuíta na actividade que terá unha duración de sete días, incluídos os días de viaxe. O traslado dos participantes desde o seu lugar de residencia ata o punto de inicio do roteiro e viceversa será a cargo dos interesados.
As actividades programadas desenvolveranse durante o curso escolar 2023-2024, distribuídas en 6 quendas semanais, entre o 29 de outubro e o 18 de novembro de 2023 e entre o 21 de abril e o 11 de maio de 2024.
Os roteiros propostos para o desenvolvemento do programa son a seguintes:
Primeiro roteiro: Murcia e Andalucía (Andalucía oriental)
Segundo roteiro: Navarra e Aragón
Terceiro roteiro: Asturias e Cantabria*
Cuarto roteiro: Madrid e Castela-A Mancha (este)*
Quinto roteiro: Estremadura e Andalucía (Andalucía occidental) *
Sexto roteiro: Castela e León (norte) e Galicia
Sétimo roteiro: País Vasco e A Rioxa
Oitavo roteiro: Cataluña e Comunidade Valenciana
Novena roteiro: Estremadura e Castela e León (sur)
Décimo roteiro: Castela a Mancha (sur) e Andalucía (centro e sur)
Para o alumnado con necesidades educativas especiais realizaranse as adaptacións oportunas nos roteiros marcados con asterisco.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de setembro de 2023.
Máis información no BOE do 24 de agosto de 2023 e na web do Ministerio de Educación