A Xunta de Galicia convoca as subvencións do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, dirixida á mellora da capacitación e inserción laboral das mulleres das áreas rurais e urbanas.
Poderán solicitar as subvencións entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento de persoas desempregadas axustado ao seu perfil de empregabilidade en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
Actuacións subvencionables
a) Diagnóstico de empregabilidade e itinerario personalizado de inserción.
b) Accións de orientación laboral e para facilitar a procura de emprego das participantes.
c) Accións formativas de cualificación e recualificación profesional,.
d) Obradoiros de competencias transversais (alfabetización dixital, traballo en equipo, xestión eficaz do tempo, orientación ao logro, entre outras).
e) Acompañamento durante o desenvolvemento do itinerario personalizado realizado polas participantes.
f) Incentivos para a participante.
g) Prospección do mercado laboral do territorio en que se desenvolva o programa.
h) Captación de ofertas de emprego
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2023.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta co procedemento TR332E
Máis información no DOG do 23 de agosto de 2023