O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) convoca a VI edición do Concurso de Comunicación Científica (IGFAE C3), que ten como obxectivo fomentar o interese pola cultura científica e estimular a aprendizaxe da Física e os seus fundamentos. O certame está aberto a persoas de calquera país, e divídese en catro categorías que pretenden desenvolver diferentes habilidades comunicativas, utilizando ferramentas virtuais e Internet.
Poden participar persoas de todo o mundo, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; estudantes de doutoramento, máster e grao; alumnado de ESO e Bacharelato e profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física, así como profesionais da divulgación científica e xornalistas.
Os traballos poderán ser presentados de forma individual ou en grupo. Neste último caso deberá constar o nome de todas as persoas que forman parte do grupo, e especificarase ademais a persoa de contacto que actuará como representante.
As categorías do concurso son as seguintes:
Fotografía científica
Artigos divulgativos
Vídeos divulgativos
Proxectos orixinais
Para participar, as persoas deberán inscribirse enviando a documentación solicitada para cada categoría aos respectivos enderezos de correo electrónico habilitados:
Fotografía científica: fotos-C3-2023@igfae.usc.es
Artigos divulgativos: artigos-C3-2023@igfae.usc.es
Vídeos divulgativos: videos-C3-2023@igfae.usc.es
Proxecto original: proxectos-C3-2023@igfae.usc.es
A mensaxe deberá incluír nome e apelidos e un breve parágrafo con algunha información engadida (biografía, formación, profesión,...)
A resolución do concurso comunicarase na web do IGFAE durante a VI Semana da Ciencia que terá lugar en novembro (data por determinar).
Haberá un premio por categoría: 400 euros á mellor fotografía, 400 euros ao mellor artigo, 400 euros ao mellor vídeo e 400 euros ao mellor proxecto orixinal.
O período de inscrición no concurso acaba o 31 de outubro de 2023 ás 23:59 (hora en Santiago de Compostela).
Máis información https://igfae.usc.es/