A Xunta de Galicia convoca 108 bolsas Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia
Modalidades das axudas
Modalidade A: programas específicos básicos. 48 bolsas para cursar as ensinanzas de formación específica básica. O alumnado seleccionado cursará as devanditas ensinanzas na modalidade presencial durante o curso 2023/2024.
Modalidade B: ciclos de formación profesional dual. 60 bolsas para cursar ciclos de formación profesional dual.
Persoas destinatarias
Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega residente no exterior e que cumpra os seguintes requisitos
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións:
– Ser emigrante nacido/a en Galicia.
– Ser emigrante non nado/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
– Ser descendente por consanguinidade de emigrante nado/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.
f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.
g) No caso das persoas solicitantes da modalidade B:
– Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente
Contía das axudas
Modalidade A: a contía de cada bolsa será de 6.500 €.
Modalidade B: a contía de cada bolsa será de 10.800 €.
As solicitudes presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento ED333B
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 5 de outubro de 2023.
Máis información no DOG do 18 de agosto de 2023 e en https://emigracion.xunta.gal/es/actualidad/noticia/la-xunta-abre-plazo-la-juventud-gallega-del-exterior-solicite-las-becas-retorna
Ampliación do prazo no DOG do 21 de setembro de 2023