O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.
Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo...), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de setembro de 2020 e o 9 de novembro de 2023.
As obras poderán enviarse por wetransfer a: informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov
ou .avi.
No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
XIII Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
Prazo: as curtas deberán ser recepcionadas na AS-PG antes das 14 horas do 9 de novembro de 2023.
A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
Premios
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Curta XIII edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio dotado con 750€ + Diploma.
2. Categoría Centros de Ensino – 1º Premio, dotado con 900€ + Diploma.
– 2º Premio, dotado con 400€ + Diploma
– 3º Premio, dotado con 200€ + Diploma