Descobre neste curso de iniciación como podes organizar actividades de voluntariado para a inclusión no Corpo Europeo de Solidariedade.
Durante 3 días de formación, mostrámosche as posibilidades que ofrece o voluntariado (dentro do Corpo Europeo de Solidariedade) para mozos de contornas desfavorecidas. Explora as posibilidades de financiamento do Corpo Europeo de Solidariedade e o apoio específico á inclusión. Aprende a deseñar un proxecto de voluntariado paso a paso (envío ou acollida, individual ou en grupo, internacional ou nacional). Descobre os diferentes recursos dispoñibles para o voluntariado e a inclusión. Inspírate con exemplos locais e compañeiros participantes. Ao remate do curso, estarás preparado para empezar a organizar un proxecto de voluntariado con/por/para os mozos con menos oportunidades.
Este curso está destinado aos recentemente chegados ao Corpo Europeo de Solidariedade (traballadores xuvenís, traballadores sociais,...) que traballan directamente con mozos de contornas desfavorecidas.
O idioma de traballo será o inglés (internacional) . O seu inglés non ten que ser perfecto, pero debe poder seguir as presentacións e ter debates en inglés.
Haberá unha reunión de preparación en liña de 2 horas a través de zoom, dúas semanas antes do evento.
Estamos abertos a atender diferentes necesidades para que todos poidan participar (persoas con discapacidade ou problemas de saúde, nais solteiras, persoas con desvantaxes xeográficas,...) Contacta con SALTO Inclusion tony@salto-youth.net sobre as posibilidades de apoio.
Por defecto, o aloxamento será en cuartos dobres, pero teremos en conta se hai unha razón específica para ter un cuarto individual.
Inscríbete a través do Calendario Europeo de Formación.
Segue a páxina de Facebook de SALTO Inclusion & Diversity para estar informado de futuros cursos.
Os cursos Voluntariado para TODOS estarán a cargo de 2 formadores internacionais, con experiencia en inclusión e voluntariado, en cooperación con SALTO Inclusión e SALTO Corpo Europeo de Solidariedade e as Axencias Nacionais para ESC.
O curso delebraráse dende o luns 29 de xaneiro (día de chegada) a venres 2 de febreiro de 2024 (día de saída), en Tesalónica (Grecia).
O prazo de incrición estrá aberto ata o 30 de novembro de 2023.
Máis información https://www.salto-youth.net