A Autoridade Bancaria Europea (ABE) é unha autoridade independente da UE que traballa para garantir unha regulación e supervisión prudencial eficaz e coherente en todo o sector bancario europeo. Os seus obxectivos xerais son manter a estabilidade financeira na UE e salvagardar a integridade, eficiencia e funcionamento ordenado do sector bancario.
Cada ano, a Autoridade Bancaria Europea ofrece diferentes períodos de prácticas na súa sede de París.
Os bolseiros reciben unha bolsa mensual de 1827,14 EUR; a duración das prácticas é de 6 meses con posibilidade de prórroga.
Destinatarios:
Titulados universitarios recentes, que finalizasen os seus estudos como máximo cinco anos antes da data límite para a presentación de candidaturas.
Nacionais dos Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e os países candidatos á adhesión.
Contar con moi bos coñecementos de inglés, por ser a lingua oficial de traballo da ABE.
Presentación de solicitudes:
Os solicitantes deben enviar a súa solicitude en inglés a EBA-Traineeship-Applications@eba.europa.eu, indicando o número de referencia do posto de prácticas que solicitan e engadir o seu nome e apelidos no asunto do correo electrónico e incluír os seguintes documentos:
un CV en formato Europass
unha carta de motivación
un cadro de criterios de admisibilidade cumprimentado, datado e asinado
copias dos diplomas (ou certificados pertinentes) de todos os estudos universitarios e de posgraduado declarados no CV.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de decembro de 2023.
Máis información https://www.eba.europa.eu/