Banco Santander lanza as bolsas de ‘Axuda Económica’ para apoiar a estudantes universitarios. O obxectivo do programa é facilitar o acceso á educación superior a estudantes que conten con bos expedientes académicos e que desexen acceder a calquera curso de grao ou máster.
Requisitos:
Que o estudante estea matriculado nos títulos de Grao ou Máster da Universidade no curso académico 2023/2024.
Que o estudante dispoña dun dos mellores expedientes académicos do curso inmediatamente anterior á convocatoria do Programa. No caso de alumnos de primeiro ano de Grao poderase ter en conta a nota de acceso á universidade.
O prazo de solicitudes estará aberto ata o 13 de novembro de 2023.
Máis información: https://becas-santander.com/