Fundación ONCE lanzou a décima edición das súas bolsas ‘Oportunidade ao Talento’, un programa dirixido a apoiar a formación universitaria, a especialización e a carreira académica e investigadora das persoas con discapacidade e promover así a súa inclusión laboral en empregos técnicos e altamente cualificados.
Destinatarios:
Persoas estudantes de ciclos formativos de grao medio e superior, así como estudantes universitarios que teñan nacionalidade española e unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33%.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
Máis información https://becas.fundaciononce.es/