XV Premio de poesía Victoriano Taibo

21 Ago 2023

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XV Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000€ e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo.

Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin estar premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003), cunha extensión non inferior a 400 versos con unidade temática, non podendo superar as 250 páxinas.

Presentaranse con letra de corpo 12 a través do Formulario de Participación, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/zbrZTi1nigBWL2FR7

Enviarase tamén unha copia en papel, con letra de corpo 12 nun sobre pechado identificado polo pseudónimo e o título indicados no formulario. Así mesmo, dentro deste sobre, xunto co traballo, incluirase outro sobre pechado identificado co devandito título que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico).

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o día 30 de setembro de 2023.

Máis información https://iem.gal/