Riscos laborais en actividades de tempo libre

21 Ago 2023

A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, dirixido a persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular na organización e xestión de actividades de tempo libre.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata do 25 de agosto ao 3 de setembro de 2023.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula

O programa inclúe un módulo formativo dedicado á organización e xestión de actividade de tempo libre.
Curso impartido polo Issga en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación
Duración: 60 h.
Edicións: 1.
Datas: do 26 de setembro ao 24 de novembro de 2023.
Proba final presencial: o día 24 de novembro ás 10.00 horas.
Prazas: 100.

Contido.
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Máis información no DOG do 21 de agosto de 2023