21.ª Edición do Certame de relato curto “Eugenio Carbajal”

08 Ago 2023


O Concello de Mieres convoca a 21.ª Edición do Certame de relato curto “Eugenio Carbajal”.

O obxectivo deste certame é fomentar a literatura como forma de participación entre as persoas mozas, de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, e favorecer a difusión e o coñecemento do Concello de Mieres.

Poderán concorrer ao Certame traballos que estean escritos en español ou en asturiano, que sexan orixinais e non fosen publicados nin en papel, nin na internet, nin tampouco premiados en ningún outro concurso literario.

Prazo e lugar de presentación dos traballos:
O prazo de presentación de orixinais finalizará o 30 de novembro de 2023. As obras literarias que concorran ao certame deberán presentarse no Concello de Mieres en calquera das modalidades que establece o artigo 4 das bases reguladoras.

Requisitos
Poderán participar todas as persoas que o desexen cuxas idades estean comprendidas entre os 18 e 30 anos, sen importar a nacionalidade, fóra de quen resultase gañadores nalgunha das cinco últimas edicións do Certame.

Dotación
O premio, en metálico, ascende a 1.500 €.

Máis información
Extracto da convocatoria
Bases reguladoras