Voluntariado artístico e creativo en Szeged, Hungría

04 Ago 2023

Yes Europa busca mozos e mozas que queiran participar nun voluntariado artístico e creativo en Szeged, Hungría, de tres meses de duración, que comezará no mes de outubro.

Decora xardíns de infancia, escolas, casas de anciáns e outras institucións dirixidas polo goberno de acordo ás súas necesidades. Crea xoguetes e monicreques cos nenos, fai manualidades en xardíns de infancia e casas de anciáns, realiza actividades cos integrantes destas institucións. E ademais: presenta o teu país á poboación local a través de eventos interculturais, promociona o teu proxecto nas plataformas de redes sociais (Facebook, Instagram, o noso sitio web) e realiza traballo administrativo.

O aloxamento dos voluntarios é un dormitorio en Szeged, situado a uns 10 minutos en transporte público da oficina. Tamén inclúe unha cociña e un baño comúns. Todos os gastos pagos (transporte, aloxamento, gastos casa, comida, diñeiro peto, curso idiomas, seguro, formacións, apoio titor etc...)

Requisitos:
18-30 anos, cidadáns españois ou residentes legais en España con NIE válido para a duración do proxecto.
A candidata ou candidato debe ter talento para pintar, decorar e traballar con persoas. Ser comuncativa/o, sociable, responsable e confiable.
Falar inglés.

Máis información https://www.yeseuropa.org/plazas/cuerpo-europeo-solidaridad/46953/?fbclid=IwAR2isEMHDbjcDfBizI0B545zqGJGk9AH0sLJRFJF1rss3QKHcIEN4XXmbe8