A Fundación Generation España convoca un curso de 16 semanas para aprender a deseñar, implementar, administrar e coordinar a estrutura Cloud computing das organizacións. Servidores, solucións de almacenamento, software, etc. Exerce a túa profesión como administrador junior (sen experiencia) dos sistemas Cloud na tecnoloxía Azure de Microsoft, a profesión máis demandada polas empresas tecnolóxicas do noso país.
Se che gustan os retos, plantexar solucións innovadoras para axudar ás empresas para optimizar as súas áreas de negocio mediante o uso da tecnoloxía, se te sentes unha persoa de equipo, dinámica, que valora a diversidade e o bo ambiente de traballo e queres explorar os teus límites nunha contorna internacional, este curso é para ti.
As clases levaranse a cabo de luns a venres en horario de mañá con titorías individuais e grupais algunhas tardes.
Requisitos
Dirixido a persoas en idade de traballar
Titulación mínima recomendada: FP superior ou universidade
Dispoñibilidade completa con alta esixencia de estudo
Dispoñer de equipo informático con micrófono-altofalante incorporado e boa conexión a internet (ADSL, fibra ou equivalente), recomendable con cámara para as sesións en liña
Procesador: Dual-core 2.4 Ghz or higher (Intel Core i3, i5, or i7 or AMD equivalente). 4 GB RAM e 4 GB ou máis de espazo en disco.
O período de inscrición estará aberto ata o 1 de outubro de 2023.
Máis información https://spain.generation.org/nacional/cloud-computing-administrador