A Fundación Princesa de Girona convoca os Premios Princesa de Girona 2024 nas seguintes categorías:
Premios á traxectoria dos mozos que desenvolveron proxectos ou accións (especialmente se estes conlevaron dificultade ou risco) e que, con iso, foron capaces de inducir, de forma creativa, cambios positivos na sociedade en catro ámbitos diferentes:
Artes e Letras.
Empresa.
Investigación Científica.
Social.
Premio Internacional que pretende recoñecer a traxectoria profesional e persoal de mozos que destacasen en calquera parte do mundo polo seu traballo, os seus méritos e a súa exemplaridade en dúas categorías:
Categoría empresa.
Categoría Investigación Científica.
Requisitos
Premios á traxectoria dos mozos:
Ter entre 16 e 35 anos de idade antes da data límite de presentación de candidaturas.
Ter nacido ou residir legalmente en España.
Premio Internacional:
Ter entre 16 e 35 anos de idade antes da data límite de presentación de candidaturas.
Non ter a nacionalidade española e estar a desenvolver a súa actividade profesional fóra de España.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de outrubro de 2023.
Máis información https://www.fpdgi.org/es/convocatorias-abiertas/