A Fundación Generation España organiza un Programa gratuíto de Automatización de procesos (RPA)
O RPA é un sistema de automatización de procesos, tecnoloxía de rápido crecemento que permite ás empresas implementar sistemas de software intelixentes ou ¨robots¨ de software, que imitan as accións dos usuarios humanos. Pódese instaurar nunha ampla gama de industrias, nas que as persoas realizan tarefas repetitivas de gran volúmen, liberando a estas para que poidan realizar tarefas de maior valor.
Sen necesidade de coñecementos previos, leste é un programa formativo, enfocado ao emprego, no que desenvolverás todas as habilidades técnicas e profesionais necesarias para incorporarche a un equipo de automatización de procesos.
Duración: 12 Semanas. Formato virtual con sesións síncronas co instrutor en directo e módulos asíncronos.
Data de inicio: 25 Setembro 2023. Clases de luns a venres en quenda de mañá, alternando sesións síncronas con asíncronas.
Requisitos
Dirixido a persoas en idade de traballar
Titulación mínima recomendada: FP superior ou universidade
Dispoñibilidade completa con alta esixencia de estudo
Dispoñer de equipo informático con micrófono-altofalante incorporado e boa conexión a internet (ADSL, fibra ou equivalente), recomendable con cámara para as sesións en liña
Procesador: Dual-core 2.4 Ghz or higher (Intel Core i3, i5, or i7 or AMD equivalente). 4 GB RAM e 4 GB ou máis de espazo en disco.
Dotación
Diploma Robotic Process Automation