Itinerario de teleformación para o emprendemento cooperativo

26 Xul 2023

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta o Itinerario de teleformación para o emprendemento cooperativo que se impartirá nos meses de setembro e outubro de 2023 e ofrece tres cursos de teleformación, gratuíta, que se desenvolverán na Aula Virtual de EspazoCoop.

A oferta formativa dá inicio o día 13 de setembro de 2023.

É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.

Emprendemento en cooperativa. 20 h. Teleformación. Do 13 ao 27 de setembro de 2023
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas. 20 h. Teleformación. Do 3 ao 17 de outubro de 2023
Desenvolvendo a idea cooperativa. 20 h. Teleformación. Do 18 ao 31 de outubro de 2023

Máis información e inscricións na web de EspazoCoop