A Xunta de Galicia convoca a IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas. Os premios de deseño premiarán na modalidade de Talento emerxente, a deseñadoras e deseñadores de ata 35 anos.
Premios:
Dentro dos premios de innovación recóllense as seguintes modalidades:
a) Traxectoria innovadora.
b) Grande empresa.
c) Pequena e mediana empresa.
Dentro dos premios de deseño recóllense as seguintes modalidades:
a) Profesionais.
b) Empresa.
c) Talento emerxente, para deseñadoras e deseñadores de ata 35 anos.
Premios:
As candidaturas presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código IN822E
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 2 de outubro de 2023.
Máis información en http://gain.xunta.gal/artigos/527/premios+galicia+innovacion+diseno+2023