Bonos dixitais a colectivos vulnerables para a contratación de banda larga

19 Xul 2023

A Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a colectivos vulnerables

O bono dixital contribuirá a financiar a contratación de novos servizos de conexión a banda larga ou o incremento da velocidade dos xa contratados desde unha localización fixa e irá destinado a persoas físicas de unidades familiares que fosen identificadas como vulnerables.

O bono dixital permitiralle ao solicitante a contratación do servizo indicado no punto anterior, tendo dereito a unha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses, e chegará a acadar como máximo os 240 euros.

- Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.
- Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social.
Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
a) 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nesta.
b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.

As solicitudes poden tramitrarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, co formulario AP400A ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro de 2023

As persoas interesadas poden coñecer cales son as entidades colaboradas a través do rexistro de operadores-colaboradores accesible a través das seguintes ligazóns: https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social

DOG do 18 de xullo de 2023