Curso de formación en República Checa

29 Xun 2023
“Solve it!” Curso de formación en República Checa
 
CONVOCANTE
Organizado por Manfred On Tour
 
DESTINATARIOS
Buscan 3 mozos participantes coas ganas de compartir coñecementos e motivación neste curso que reunirá a 23 participantes de República Checa, Turquía, Acerbaixán, Xeorxia, Romanía, Ucraína e España
Xuntaranse do 22 ao 31 de outubro en Pardubice (República Checa)
Curso de formación financiado polo programa Erasmus + en República Checa sobre as temáticas de educación non formal, aprendizaxe entre pares e intercambio de boas prácticas.
O obxectivo é capacitar aos traballadores xuvenís con ferramentas para sacar o seu máximo potencial nas súas áreas de mocidade e axudarlles a mellorar a súa confianza e activismo.
Durante a formación utilizaranse técnicas de educación non formal para fomentar a participación activa e mellorar a experiencia de aprendizaxe. Os participantes terán a oportunidade de reflexionar sobre a súa aprendizaxe diaria ao longo do proxecto ao participar activamente na creación dun caderno. Desta maneira, poderán reforzar os seus coñecementos e profundar na comprensión dos temas tratados, contribuíndo así ao seu crecemento persoal e profesional como traballadores xuvenís.
 
MÁIS INFORMACIÓN
Se estás interesado recomendámosche ler o infopack, onde podes atopar máis información achega do perfil de participantes que se buscan e como se chega a Pardubice desde Praga.
 
DOCUMENTOS ADXUNTOS: 
 
ENLACES EXTERNOS: