A Fundación Adecco convoca Bolsas 2023 en Máster, Grao ou FP para persoas con discapacidade
Requisitos: Persoas nadas entre 1993 e 2007, que conten cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% e que teñan matrícula en vigor no curso 2023-2024.
A convocatoria está dividida en dúas ramas: novos candidatos (‘Queremos coñecerte’) e beneficiarios de convocatorias anteriores (‘Queremos saber máis de ti’).
Ambos terán que presentar a mesma solicitude, pero a valoración para axudas de quen xa gozasen anteriormente dunha bolsa completarase cunha entrevista persoal para detectar necesidades especiais que a persoa poida presentar e ás que poidan darse resposta de maneira complementaria á bolsa.
O prazo estará aberto ata o 2 de outubro de 2023 ás 09:00h.
https://fundacionadecco.org/becas-y-ayudas/becas-2023-grado-fp-master-personas-con-discapacidad/