O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca unha bolsa para a formación en comunicación e divulgación da cultura científico-técnica.
A súa finalidade é a de formar a estudantes ou recentemente nos ámbitos de coñecemento do título/títulos académicos: Xornalismo, Comunicación, Publicidade e Relacións públicas.
A duración será de tres meses.
Está destinada a recentemente titulados ou tituladas (curso 2022-2023) de grao ou estudantes ou recentemente titulados de máster universitario (curso 2022-2023).
A dotación das Bolsas é de 700 euros brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe que se abonará nun pago único cuxa contía dependerá do lugar de residencia do beneficiario. O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de accidente.
Prazo: 5 de xullo de 2023
Máis información no BOE do 21 de xuño de 2023 e en https://www.iac.es/es/ofertas-de-trabajo