Queres estudar na Escola de Gaitas, de Danza ou na de Artes e Oficios de Ourense?

07 Xun 2023

A Deputación de Ourense anuncia a programación e prazas das súas Escolas de Gaita, de Danza e de Artes e Oficios para o curso 2023/2024.

A Escola Provincial de Gaitas de Ourense:
A actividade docente iniciarase o 1 de outubro e rematará o 30 de xuño.
Impartirase hora e media semanal por materia, á parte do mesmo tempo de ensaio semanal e actuacións coas distintas agrupacións da Escola.
Cada disciplina contará con profesor/a específico/a.
A actividade docente realizarase na Escola Provincial de Gaitas situada no Campus Universitario de Ourense.
O prazo de matrícula será do 4 de setembro ao 31 de outubro, ambas as datas incluídas.

CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza:
1. Obradoiro de baile tradicional.
2. Obradoiro de canto tradicional e pandeireta.
3. Obradoiro de gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional.
4. Obradoiro de tecido artesán en teares tradicionais.
5. Obradoiro de xogos populares.
Matrícula desde o día 15 de setembro ata o día 31 de outubro.

Escola Provincial de Artes e Oficios:
- Debuxo e iniciación á pintura
- Perfeccionamento en pintura
- Talla e escultura en madeira
- Modelado-escultura en barro
- Olería
O calendario do curso será dende o día 2 de outubro de 2023 ao día 30 de xuño de 2024.
O prazo de matrícula será do 1 ao 30 de setembro de 2023, ambos incluídos


https://realbandadegaitas.com/escola 
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php 
https://www.centroculturaldeourense.com/servizos/escola-de-artes-oficios