A Xunta de Galicia fai unha convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de 6º curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24
O prazo para presentar solicitudes será desde o 25 de maio ao 25 de xuño, incluídos.
Así mesmo, o alumnado participante contará con actividades formativas non só académicas, senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico cunha metodoloxía adecuada á súa etapa educativa. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.
As estadías organizadas pola Xunta desenvolveranse nun centro residencial en Galicia en quendas dunha semana de duración.
Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39947