"Sorrisos" de Alfredo León Mañú, cartel gañador en 2022 "Sorrisos" de Alfredo León Mañú, cartel gañador en 2022

Cartel anunciador das festas San Froilán 2023 de Lugo

19 Mai 2023

O Concello de Lugo convoca o Premio de deseño gráfico San Froilán 2023 para elixir o cartel anunciador das festas patronais San Froilán 2023

Poderán concorrer cantas autoras e autores o desexen, con traballos de técnica libre, presentando cada persoa cantas obras considere oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.

Os deseños contribuirán a enxalzar a cidade de Lugo e as súasfestaspatronais de San Froilán. Deberán incluír o texto:
- LUGO, SAN FROILÁN 2023
- 4-12 DE OUTUBRO
- A imaxe corporativa do Concello
- Festa de Interese Turístico Galego. Festa de Interese Turístico Estatal.
- www.sanfroilan.info
- Os logotipos das redes sociais existentes: Instagram, Twiter, Facebook e Youtube.

A autora ou autor do deseño que resulte gañador recibirá un premio dotado con 2.000 €.
O deseño gañador será empregado como cartel anunciador do "San Froilán 2023"

Entrega de traballos:
Poderá facerse ata o mércores 21 de xuño, en formato dixital JPG, cunhasdimensións de 50x70 cm e con 72 ppp de resolución (1417x1984 píxeles)

Poden presentarse de tres modos:
- Persoalmentenas dependencias de Cultura, en lapis de memoria.
- Por correo postal certificado dirixido á Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, praza Maior 1, 27001 Lugo (neste caso, será necesario que envíe unha copia escaneada da folla de envío de Correos á conta de correoe cultura@lugo.gal o día que se realice o envío)
- Por correo electrónico ao enderezo cultura@lugo.gal, indicando CARTEL SAN FROILÁN 2023.

Os traballos deberán ser presentados de xeito anónimo, identificándoos cun lema.
En documentos á parte do cartel, acompañará:
1. Plica, identificada comesmo lema có cartel, que conterá todos os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, enderezo completo, correo-e e teléfono.
2. Copia escaneada do DNI ou equivalente.
3. Copia escaneada da declaración xurada que figura no anexo I destas bases. É importante que este documento estea asinado.
Presentaranse anexados ou xuntos, se o envío se fai por correo-e, ou en sobre pechado, con lema no exterior, se se fai en papel.

Máis información no BOP de Lugo do 18 de maio de 2023 e en http://concellodelugo.gal