A Fundación Galicia Europa convoca 1 bolsa dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na súa oficina en Bruxelas.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.
Contía da bolsa:
- Importe bruto da bolsa: 16.200 €.
- Axuda de desprazamento para gastos de viaxe: 1.100 euros.
- Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 91,70 euros.
Requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar o nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
- Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
- Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño de 2023.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2023 e en https://fundaciongaliciaeuropa.eu/categoria/actividades/bolsas/