A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital

12 Mai 2023

O Grupo de Investigación ESCULCA organiza o curso de verán “A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital”, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xullo de 2023 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e no Espazo Xove desta mesma localidade.

Como pode observarse no programa, analizaranse cuestións clave sobre o futuro laboral das mozas e mozos, sobre todo no que respecta á importancia das competencias transversais, do autocoñecemento do perfil profesional e das ferramentas que contribúen a mellorar a empregabilidade.

Para iso contarase coa presenza de responsables de empresas de traballo temporal, técnicos de emprego da administración pública, así como outros profesionais vencellados aos servizos de orientación laboral e de emprendemento xuvenil.

No caso de estar interesado/a, debes realizar a túa inscrición a través da seguinte ligazón:

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/formacion-emprego-xuventude-mundo-dixital-12745