Bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de universidades estranxeiras

12 Mai 2023

A Xunta de Galicia convoca bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:

btabla1

btabla2

O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
- Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
- 1.225 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
- 1.378 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
- Para as Universidades de Bangor, Cork e Varsovia, consultar tabla.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2023.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500E e PL500F
Máis información no DOG do 12 de maio de 2023 e en http://www.xunta.es/linguagalega