Ecos do Sur organiza dous cursos gratuítos por mensaxe de texto (WhatsApp e Telegram) que che axudarán a protexerte, actuar e defender a outros fronte ao odio, a desinformación e a discriminación.
Están enfocados á mocidade e ás persoas que traballan con colectivos xuvenís.
Curso 1: Actúa fronte ao ciberodio, a desinformación e os rumbos das intelixencias artificiais. Do 5 ao 15 de xuño
Curso 2: Discriminación e delitos de odio: que facer se son vítima ou testemuña? Do 19 ao 27 de xuño.
Con estes cursos gratuítos por mensaxe de texto (WhatsApp e Telegram) recibirás diariamente no teu smartphone claves e recursos que estarán dispoñibles sempre que os necesites.
Como funcionan?
Cada tarde, á mesma hora, recibirás unha mensaxe de texto con explicacións, ligazóns e recursos infográficos, que poderás ler cando ti queiras. Non é necesario que che conectes por videoconferencia. Ao finalizar, poderás solicitar un certificado acreditativo da túa participación.