"XacobeAndo. Voluntariado Europeo no Camiño"
XacobeAndo é un proxecto de equipos de voluntariado en Áreas de alta prioridade dentro do Corpo Europeo de Solidariedade, promovido e executado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago.
Neste proxecto participaron preto de 80 mozos de 8 países: España, Portugal, Italia, Grecia, Eslovaquia, Estonia, Lituania e Letonia.
No Museo das Peregrinacións de Santiago atoparás toda a información sobre as persoas voluntarias, os obxectivos, as actividades e a experiencia que viviron durante o proxecto, que se desenvolveu dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro de 2022.
A exposición está aberta dende o 20 de abril ata o 3 de setembro.
Máis información en https://www.xacobeando.eu/es/exposicion/