Rúa Xoaquín Lorenzo s/n. 32840, Bande (Ourense)
Dende Ourense: autovía AG-31 ata Verea. Estrada OU-540 ata Bande.
Distancia: 41 km. Tempo: 36 minutos.
Na entrada de Bande hai un desvío que indica Albergue Municipal de Bande, a 200 m. do albergue.
T. 693 831 639; 696 760 910
Albergue de categoría 2, situado na localidade de Bande, porta de entrada ao Parque Natural do Xurés e comunicación natural co Parque Nacional do Gerês e onde ambos integran a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés, compartindo cultura, tradicións e historia.
O albergue dispón dun total de 68 prazas distribuídas en tres plantas:
- 4 habitacións de 12 e 13 prazas en liteiras, con baños compartidos (plantas 1ª e 2ª).
- 1 dormitorio adaptado, con baño adaptado.
- 6 dormitorios dobres con baño individual.
O albergue conta cos seguintes servizos:
- Sala multiusos, para comedor e actividades.
- Zona de escenario teatral.
- Cociña industrial, totalmente equipada.
- Zona de lavandería.
- Zona de descanso.
- Calefacción centralizada.
- Acceso a internet en todo o edificio.
Entrada adaptada con rampla mecánica. Habitación no piso principal (ao que se chega coa elevador mecánico) adaptada: estancia e baño. O resto de habitacións do piso principal teñen liteiras. No piso principal hai dúas habitacións de liteiras e o resto están no segundo piso (que non ten rampla de acceso) A saída de emerxencia está na zona adaptada do albergue (co elevador mecánico).
-
EXPLORANDO RURAL
ACTIVIDADES
Actividades na natureza, medioambientais e de conciencia ecolóxica: roteiros de interpretación e rastrexo, creación de asubíos, construcións de vivacs, xeocaching e obradoiros(de estrelas, de baile e instrumentos tradicionais, de modelaxe de arxila e murais artísticos); deportivos: xogos tradicionais e de actividade física, piscina e caiac no río; excursións: visita ao centro de Interpretación Aquis Querquennis, igrexa de Santa Comba de Bande, megalitos de Muíños e á sede do Parque Natural do Xurés; outras actividades: dinámicas teatrais, gravación e edición de vídeos, ioga na natureza e obradoiro de mandalas.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Explorando rural |
18-25/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320013 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.