Campamento Xuvenil Riopar (Albacete) - Multiaventura

rioparCampamento xuvenil Riópar, Carretera, CM-3204, km 5, 02450 Riópar (Albacete)

O Campamento está situado no concello de Riópar, provincia de Albacete, no corazón do Parque Natural de Calares do Mundo e a Sima, pertencente á Serra do Segura, a tan só 3 km do nacemento do río Mundo. Un lugar privilexiado rodeado de alta montaña, extensos bosques, prados e ríos que dan como resultado un lugar idóneo para o goce de nenos e maiores. A multitude de opcións de ocio, natureza e multiaventura, xunto cunhas instalacións acordes ás necesidades de calquera usuario, fan do Campamento San Juan de Riópar un lugar único para visitar.

MULTIAVENTURA

ACTIVIDADES

Multiaventura: escalada en rocódromo, tirolina, aquagym, waterpolo, slackline, rapel, carreiras de orientación, ruta sendeirismo ao nacemento do río Mundo, visita á aula da natureza do parque natural, tiro con arco; deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto, hockey e tenis; multideporte: indiacas, frisbee, malabares; actividades complementarias, lúdico recreativas e socioculturais: obradoiros campa-chef, veladas nocturnas, xincanas temáticas, noite das estrelas, xogos acuáticos, olimpíada deportiva, xogos xigantes;  obradoiros: de reciclaxe, cometas, artesanía; outras actividades: zumba, risoterapia e xogos nocturnos. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Camp. Xuv. Riópar

Multiaventura

08-09-10

11-20/07

209,20 €

500011

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.