Albergue Xuvenil Gerardo Diego (Solórzano) - Cine en Solórzano

gerardodiegoAlbergue Juvenil Gerardo Diego de Solórzano, Barrio Quintana s/n, 39738 Solórzano, Cantabria
https://reaj.com/albergues/juvenil-gerardo-diego/

O albergue está situado no municipio de Solórzano, na zona oriental de Cantabria. Situado nun fermoso val atravesado por un pequeno río, o Campiezo. Punto de partida ideal para coñecer tanto o interior oriental de Cantabria como as súas costas. En menos de trinta minutos pódese gozar dos Vales Pasiegos, das espectaculares fervenzas do río Asón ou as praias de Somo, Illa, Noja e Laredo. O albergue é un fermoso caserón con amplo xardín, piscina, e unha zona de volei praia. O aloxamento realízase en habitacións compartidas con liteiras. Dispón de aula polivalente para presentacións, formación, actividades...

CINE EN SOLÓRZANO

ACTIVIDADES XERAIS:

De cine: as persoas participantes experimentarán todos os roles artísticos e técnicos dunha rodaxe cinematográfica; esta parte temática estará dirixida por un profesional do ámbito do cine: guión, casting, ensaios, rodaxe con cámara…, análise crítica, interpretativae técnica, cine fórum (mesa redonda sobre unha película), “master class” dun actor, actriz ou director/a de cine ou televisión; obradoiros: maquillaxe de cine, desenvolvemento sostible, igualdade, prevención de toxicomanías; saídas: turística e de praia á cidade de Santander (día completo), visita a unha filmoteca ou estudo de gravación ou exhibición audiovisual, saída á vila e praia de Laredo, visita a Santoña, sendeirismo no Monte Buciero, saída á praia de Berria e visita ao Forte de San Carlos e Napoleón; outras actividades: surf na praia, obradoiros, xogos, xincanas e veladas. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Gerardo Diego

Cine en Solórzano

05-06-07-08-09

16-30/07

340 €

500010

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.