Calle Residencia, 14, 28200 San Lorenzo de El Escorial (Madrid)
T. 91 890 59 24
escorial@madrid.org
http://reaj.com/madrid/albergue-juvenil-el-escorial.html
O albergue está situado no centro urbano de San Lorenzo de El Escorial, a 55 km de Madrid, ao noroeste da Comunidade Autónoma de Madrid e na vertente sur oriental da Serra de Guadarrama.
O edificio é unha construción típica da zona da serra, que data de finais dos anos 40, e as habitacións están distribuídas en 3 andares.
Pola súa situación xeográfica privilexiada son moitas as posibilidades que se ofrecen aos visitantes para desenvolver actividades culturais e de natureza.
CINE E AVENTURA
ACTIVIDADES
Cine: obradoiro de cine (linguaxe audiovisual, escritura dun guión, uso da cámara, creación de personaxes, proceso de produción, interpretación, caracterización das personaxes, rodaxe, edición e montaxe) que finalizará coa gravación dunha curtametraxe; outras actividades: multiaventura na natureza na Serra do Guadarrama, bautismo de rappel, escalada, xornada de trekking, orientación, xogos cooperativos, obradoiros de manualidades e reciclaxe, obradoiro para traballar os ODS, veladas temáticas, xogos deportivos, xincanas, xogos de mesa e liguiñas deportivas; excursións: parque de atraccións e paseo polo Madrid histórico, parque Aventura Amazonia (Cercedilla) a ao parque recreativo Las Berceas (piscinas naturais).
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
INSTALACIÓN XUVENIL |
MODALIDADE |
ANO NACEMENTO |
DATAS |
COTA |
CÓDIGO |
Alb. Xuv. El Escorial |
Cine e aventura |
10-11 |
31/07-10/08 |
266 € |
500009 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.