Carretera de las Dehesas 29, 28470 Cercedilla (Madrid).
T. 918 520 334 – Fax 918 522 411
villacastora@madrid.org
https://reaj.com/albergues/juvenil-villa-castora/
Situado a 60 Km. de Madrid, moi cerca do casco urbano de Cercedilla. No Val da Fuenfría, en plena Serra de Guadarrama. O Albergue atópase moi próximo as piscinas naturais “As Barceas”
DANZA URBANA
ACTIVIDADES
Danza moderna: Urban Dance, Comercial Dance, Hip Hop, FreeStyle, Break Dance, Fusión, etc. Realizaranse xogos e dinámicas para traballar o ritmo, a percepción espacial, o desenvolvemento do sentido estético, o uso do corpo como expresión artística, a improvisación, como facer unha coreografía, a posta en escena e a interpretación ante unha cámara. Aprenderán a diferenciar os distintos estilos de baile moderno. Traballarase para facer un bo uso das redes sociais como medio para compartir as súas sus representacións (Tik Tok, Instagram, YouTube); outras actividades: xogos de mesa, tiro con arco, actividades deportivas, obradoiros para realizar os ODS; excursións: parque de atraccións e paseo polo Madrid histórico, parque Aventura Amazonia (Cercedilla) a ao parque recreativo Las Berceas (piscinas naturais).
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
INSTALACIÓN XUVENIL |
MODALIDADE |
ANO NACEMENTO |
DATAS |
COTA |
CÓDIGO |
Alb. Xuv. Villa Castora |
Danza urbana |
06-07-08 |
07-17/07 |
266 € |
500008 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.