AFD: COML0201 Xestión e control do aprovisionamento

29 Mar 2023
AFD: COML0201 Xestión e control do aprovisionamento
 
A QUEN VAI DIRIXIDO: Para público en xeral
 
CANDO: Dende o 24/04/2023 ata o 06/09/2023
 
INSCRICIÓNS:Ata esgotar prazas ou comezo do curso.
 
HORARIO:09.00 h a 14.00 h.
 
DURACIÓN:468 horas
 
PREZO:Gratuíto.
 
REQUISITOS: Deberás reunir algún dos seguintes requisitos:
Estar en posesión do título de bacharelato.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben superar as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
Superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
Superar as competencias clave de nivel 3.
 
 
CONTACTO:
Tel.: +34 881 035 299
cristina.vazquez@ntfor.com