Inspiraciencia

29 Mar 2023

Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria e de explorar realidades antes non imaxinadas.

Pódense presentar relatos nunha única modalidade competitiva: relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras

O concurso ten dúas categorías: nova (menores de 18 anos) e adulto (a partir de 18 anos). Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que sexan orixinais e estean escritos en linguas diferentes.

Os relatos poden presentarse en catalán, en castelán, en eúscaro ou en galego.

O prazo de presentación dos realtos estará aberto ata o 4 de xuño de 2023.

Os tipos de premios son:
Un premio institucional por cada unha das Categorías (Nova e Adulto) e por cada unha das linguas oficiais do concurso (catalán, castelán, eúscaro, e galego). Resultan, en total, 8 premios institucionais.
Un premio do público por categoría (Nova e Adulto). Resultan, en total, dous premios do público.
Un único premio de Ciencias e de letras ao profesorado que participase cos alumnos no concurso.
Un premio especial, para aqueles relatos centrados nunha temática concreta, en cada categoría (Nova e Adulto) e lingua (catalán, castelán, eúscaro, e galego). Resultan, en total, 8 premios especiais.
O contido dos premios especificarase nun apartado da web de Inspiraciencia.

https://inspiraciencia.es/es/concurso/bases