Escola de tempo libre Barlovento

Definición, estilo e principios

A Escola oficial de Tempo Libre Barlovento e un proxecto novo formado por profesionais de diferentes ámbitos educativos/formativos, cunha ampla experiencia en actividades de tempo libre (náutica e aire libre, natureza, medio ambiente, animacións,…). Centra a súa formación en contidos relacionados co ámbito das actividades náuticas e de aventura, baseándose nunha metodoloxía práctica na que o alumno forma parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe das diferentes técnicas relacionadas co tempo libre. ESCOLA_DE_TEMPO_LIBRE_BARLOVENTO

 

Formamos a profesionais do eido do tempo libre de forma multidisciplinar, con manexo e aplicación de novas tecnoloxía, capaces de afrontar proxectos é actividades de todo tipo e para todas as idades e poboación, favorecendo unha adaptación real ao mercado de traballo actual, poñendo énfases nas actividades náuticas e no aproveitamento do medio xeográfico galego.


A Escola conta co apoio e colaboración de diferentes entidades, clubs e asociacións o que garante unha total adaptabilidade o mercado de traballo. Ofertamos a  todos os/as nosos alumnos/as a posibilidade de realizar prácticas coa propia entidade, seguimento individualizado do alumnado e titorizacións durante a fase práctica, así como un completo guiado durante o proceso de elaboración/redacción da memoria final e obtención dos correspondentes títulos de primeiro e segundo nivel.

 

Entidade Titular: Marexada. Deporte, lecer e cultura SL

Enderezo: Travesía A Eiriña, 7- baixo. 36004 Pontevedra.

Teléfono: 670892307

Enderezo electrónico: etlbarlovento@marexada.es

Horario de atención ó público: Variable, según época do ano. Pedir cita.

Ámbito xeográfico de actuación: Toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Catálogo de formación:

  • Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
  • Director/a de Actividades de Tempo Libre
  • Director/a de Campos de Traballo.
  • Monográficos de náutica: kaiak, surf, windsurf, vela, paddle surf,  esquí náutico e wakeboard.
  • Monográficos de aventura: escalada, btt, tiro con arco, orientación (xeocaptura e brúxula),…
  • Monográficos de tempo libre, animación e talleres (globoflexia, talleres e obradoiros: feltro, abalorios, goma espuma, teatro, circo,…).


Outras actividades: Acción formativas en colaboración con Federacións deportivas para a obtención de titulacións federativas: piragüismo, esquí náutico, motonáutica (pnb,…)