Work in Tech para colectivos en risco de exclusión

29 Mar 2023

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) pon en marcha unha nova edición do proxecto Work in Tech, que ofrece 400 bolsas para mozas e mozos de 18 a 35 anos que queiran formarse en competencias dixitais que lles abran camiño a desenvolverse profesionalmente en contornas dixitais.

Work in Tech é un programa especial para mozos de 18 a 35 anos que nace dentro de INCO Academy como programa de capacitación para empoderar ás persoas dotándoas de habilidades dixitais para profesionalizar os seus perfís e así preparalas para as carreiras máis demandadas do futuro do traballo, eliminando as barreiras socio-económicas e reducindo así a alta taxa xuvenil que en países como España alcanza o 52.7% na poboación activa menor de 30 anos, onde os colectivos con maior risco de exclusión poidan así ter acceso a recursos formativos.

As bolsas gratuítas son para formación en UX (Deseño de experiencia de usuario), Data Analysis (Análise de datos), Project Management (Xestión de proxectos), Marketing dixital e comercio electrónico, Cybersecurity (Ciberseguridade), Automatización de TI con Python e IT Support, con Certificado Profesional de Google e convérteche no talento máis demandado do futuro do traballo.

https://workintech.campusfad.org/