O Conseyu de Mocedá de Xixón (CMX), o Festival Internacional de cinema de Xixón (FICX) e o Conseyu da Mocedá do Principau d´Asturies (CMPA) lanzan o concurso de curtos "Rodando en...onde poidas", co que queren visibilizar e potenciar o traballo dos e das novas artistas.
Nesta oitava edición seguen sen fixar un contorna protagonista das diferentes tramas, senón que cada un e unha rode onde poida, o tema será libre.
As curtas non terán unha duración superior a 10 minutos sen contar os títulos de crédito.
O prazo para enviar as curtametraxes comeza o 20 de xuño e finalizará o 7 de setembro de 2023.
No concurso poderán participar miozos e mozas ou colectivos de entre 16 e 35 anos de toda España. No caso dos colectivos, a persoa que represente ao colectivo e polo menos un 70% dos seus membros deberán cumprir o requisito de ser menores de 35 anos.
Este ano haberá 3 gañadores: do xurado, do publico e a mellor curta asturiana elixido polo xurado.
Mái información no Conseyu de Mocedá de Xixón
Avda. Manuel Llaneza 68, baixo. Xixón
Teléfono 985 155 072
astragal@cmx.es