Curso de Iniciación á creación musical con ordenador

24 Mar 2023
CURSO DE INICIACIÓN Á CREACIÓN MUSICAL CON ORDENADOR
 
DATA DA ACTIVIDADE: Do luns 3 ó luns 10 de Abril de 2023 en horario de 11:30 a 13:30 horas
 
LUGAR: Casa Arrigada
 
DATA INSCRICIÓN: Do venres 24 ó mércores 29 de Marzo de 2023
 
INFORMACIÓN SOLICITUDES:
Para apuntarte á actividade entra no seguinte enlace: https://forms.gle/jBAEtFLgMwVzt4gTA
Nota: se o enlace non che funciona a través da app, proba a entrar no teu navegador de internet en omix.cambre.es.
Unha vez cuberto o formulario, recibirás un correo electrónico coa copia da túa solicitude, e confirmando que foi recibida correctamente.
Se non recibes este correo, ponte en contacto con nós para comprobar a túa inscrición. Ademáis, nesta app actualizaremos diariamente as solicitude realizadas.
1º Publicamos a listaxe de solicitudes recibidas . Na nosa app aparecerán diariamente os nomes das persoas que solicitan participar na actividade.
2º Sorteo (só en caso de ser necesario). Se hai máis persoas inscritas que prazas ofertadas, realizaremos un sorteo público o mércores 29 de marzo, ás 13:00. No sorteo terán prioridade as persoas empadroadas
no Concello de Cambre. A continuación publicarase na app a listaxe definitiva de persoas seleccionadas e a listaxe de agarda.
3º Correo electrónico: Recibirás un correo electrónico o mércores 29 de marzo confirmando a túa praza e información concreta da actividade.
4º Participar!
Aviso: se quedaran prazas libres, a solicitude de inscrición queda aberta ata completar prazas.
 
DESTINATARIOS:Mocidade de 14 a 30 anos
 
PRAZAS: 10 prazas
 
TELÉFONO DURANTE A ACTIVIDADE: 981.613.170
 
INFORMACIÓN - CASAS DA XUVENTUDE DE CAMBRE
-CAMBRE: CASA ARRIGADA - OMIX
Estrada da Estación, 52
15.660, Cambre
981.613.170
698.178.424
609.510.331
infoxuvenil@cambre.org
omix@cambre.org
-O TEMPLE: CASA DAS PALMEIRAS
Rua Tapia 1
15.679, O Temple, Cambre
981.650.269
604.027.967
pixtemple@cambre.org