Bolsas relacionadas coa política agrícola común

16 Mar 2023

O Fondo Español de Garantía Agraria convoca 5 bolsas relacionadas coa política agrícola común e o seu financiamento:

- 2 son para persoas tituladas de grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Administración e Xestión Pública, Dirección e Xestión Pública, ou Dereito.
- 3 para Enxeñeiros/as Agrónomos/as, persoas tituladas de grao en Veterinaria, Enxeñería en Ciencias Agronómicas, Enxeñería Agrícola, Enxeñería Agroambiental, Grao en Ciencias Ambientais, Enxeñería Ambiental, Enxeñería do Medio Natural, Enxeñería Forestal, Enxeñería de Montes, Máster Universitario en Enxeñería Agronómica, ou Máster Universitario en Enxeñería de Montes.

Persoas beneficiarias: menores de 30 anos, que terminasen os seus estudos no prazo dos 6 anos anteriores.

A contía das bolsas por beneficiario será de 1.150 euros brutos mensuais.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 10 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2023